Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Valoración de activos financeiros
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B5 B7 B12 B14 Exame da materia que supón o 70% da cualificación final que se pode obter (máximo 7 puntos). Celebrarase en xaneiro (primeira oportunidade) e xullo (segunda oportunidade) nas datas establecidas pola facultade. 70
Proba mixta B5 B7 B12 B14 Probas de avaliación continua (máximo 3 puntos) que se realizarán en periodo de clases. 30
 
Observacións avaliación

NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.      Asistencia: Para superar a
asignatura o alumnado matriculado a tempo completo terá que participar en polo menos o 80% das actividades presenciais programadas.

2.      Condicións de avaluación:
Está prohibido acceder a aula de exame con cualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

3.     Identificación: O/A estudante terá que acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.      Cualificación de non presentado:
Corresponde á persoa que só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación alcanzada.

2.   Estudantes con recoñecemento  de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Serán avaliados cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.

OPORTUNIDADES
DE AVALIACIÓN:

1.      Os criterios de avaliación  son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade.

2.      A avaliación de oportunidade adiantada farase por medio dunha proba mixta que suporá o 100% da nota final. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes