Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas (2013)
 Asignaturas
  Informes de Auditoría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A4 A7 A12 B1 C2 C3 C4 C9 Examen teórico-práctico del contenido de la asignatura. 50
Análise de fontes documentais A3 A4 B12 C11 Análisis de fuentes documentales de carácter normativo y doctrinal 10
Solución de problemas A3 A4 A7 A12 B1 B4 B10 B12 C2 C3 C4 C8 C9 C10 C11 Resolución de ejercicios prácticos planteados en el aula. 40
 
Observacións avaliación

A) NORMAS DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: Queda prohibido o acceso á aula de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2. Identificación do alumno: O alumno deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.

B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:

1. Cualificación non presentada: Correspóndelle ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Salvo as datas aprobadas pola Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, acordarase un calendario específico de datas compatibles ao comezo do curso para a restantes probas.coa súa dedicación polo que é obrigatorio que se poña en contacto co profesor nos 10 primeiros días do cuadrimestre

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: 50% avaliación continua e 50% proba mixta sobre todo o contido da materia no período oficial de exames que segue ao final das clases cuadrimestres.

2. Segunda oportunidade: prevalecerá a nota máis alta entre a nota obtida no exame final de 2a oportunidade e a media de ponderación do devandito exame coa nota de avaliación continua obtida durante o cuadrimestre.

3. Convocatoria avanzada: As condicións de avaliación da oportunidade avanzada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións de Títulos de Estudos Grao e Mestrados Universitarios) serán específicas desta oportunidade. Esta avaliarase mediante unha proba mixta oral e/ou escrita que avalía todos os contidos e competencias da materia e que suporá o 100% da nota final.

Outras observacións da avaliación continua:

A solución de problemas pode realizarse durante o desenvolvemento das clases e sen necesidade de aviso previo. Todo isto require dunha asistencia activa e participativa por parte do alumno ademais do estudo actualizado do material achegado, de xeito que o profesorado poderá valorar aspectos como: a asistencia a clase e as intervencións orais e escritas do alumnado.

Para efectos de avaliación, a ponderación de cada parte da materia, tanto na avaliación continua como na proba final, corresponderá á porcentaxe de horas lectivas de cada parte.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes