Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Sistemas de información. Xestión das TIC
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise crítica de casos. Valorarase i) a capacidade para diagnostica-las situacións formuladas; ii) a calidade das solucións propostas; iii) o contido do informe ou memoria presentado; iv) a capacidade para afirma-las conclusións con argumentos baseados na lóxica financeira, organizativa e competitiva da empresa.
Discusión dirixida Dinámicas de grupo en relación a casos, situacións ou escenarios. Valorarase i) o grao de participación; ii) a creatividade e o nivel de asertividade; iii) a relevancia e interese das contribucións realizadas ó debate.
Traballos tutelados Traballo de campo en relación ó uso de TIC polas empresas da nosa contorna económica: busca de información, análise das evidencias recopiladas, e elaboración de informe cos resultados e conclusións. Valorarase i) a calidade do traballo preliminar de busca de información, mostraxe, etc.; ii) a calidade do traballo estatístico realizado para analiza-los datos dispoñibles; iii) a relevancia das conclusións obtidas, e o seu respaldo na lóxica financeira e organizativa; iv) a calidade da memoria ou informe final, e no seu caso, da exposición.
Análise de fontes documentais Busca de bibliografía e fontes de información relevantes, lectura e análise do seu contido.
Proba obxectiva Probas escritas a realizar na aula, relativas ós contidos discutidos nas sesións presenciais e á programación de traballo non presencial.
Sesión maxistral Presentación xeral dos temas de traballo, e coordinación do grupo
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes