Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Sistemas de información. Xestión das TIC
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A11 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C11 Proba relativa ós contidos discutidos nas sesións presenciais e á programación de traballo non presencial. 20
Estudo de casos A1 A2 A7 A9 A10 A11 A21 A22 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Os casos consistirán en exercicios individuais mediante follas de cálculo que conterán datos relacionados coa xestión empresarial e a toma de decisións.
Valoraranse i) o grao de participación; ii) a creatividade e o nivel de asertividade; iii) a capacidade para diagnostica-las situaciones formuladas e realizar contribucións valiosas; iv) a calidade das solucións propostas; v) o contido do informe ou memoria presentado; e vi) a capacidade para sustenta-las conclusións con argumentos baseados na lóxica financeira, organizativa e competitiva da empresa. No caso de tarefas tareas de grupo, a cualificación pode individualizarse atendendo a estes criterios.
40
Traballos tutelados A2 A9 B10 B11 B12 C2 C4 C6 C9 C10 C11 Os traballos tutelados consistirán na realización dun proxecto en equipo onde se buscarán datos, analizaranse e trataranse mediante follas de cálculo.
Valorarase i) a calidade do traballo preliminar de busca de información, mostraxe, etc.; ii) a calidade do traballo estatístico realizado para analiza-los datos dispoñibles; iii) a relevancia das conclusións obtidas, e o seu respaldo na lóxica financeira e organizativa; iv) a calidade da memoria ou informe final, e no seu caso, da exposición.
40
 
Observacións avaliación

Requisitos xerais para superar a materia: obter un mínimo de 5 ao sumar as calificacións dos estudos de caso, traballos tutelados e proba obxectiva.

Estudantes con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: o sistema de avaliación será o mesmo que para o resto dos alumnos/as. Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

Cualificación de non presentado: corresponde ós alumnos/as que participen unicamente de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% na cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Segunda oportunidade: os alumnos/as que non superen a materia na primeira oportunidade poderán facelo na segunda desenvolvendo un traballo sobre un tema específico da materia que se
comunicará individualmente a cada alumno despois da publicación das
cualificacións da primeira oportunidade. O traballo debe ter unha extensión
mínima de 50 follas A4 a unha cara con marxes de 2,5cm. por cada lado,
tipografía Times New Roman corpo 11 e espaciado de 1,5 liñas; o número de
palabras non pode ser inferior a 10.000, excluídas citas e bibliografía, que
seguirán a norma APA. Valorarase de cero a dez puntos en función da profundidade e calidade do
contido, a amplitude e relevancia da bibliografía empregada, e o interese das
conclusións. Son de aplicación as seguintes esixencias de orixinalidade: aceptaranse unhas
similitudes máximas do 25% (excluídas citas e bibliografía) e do 30% (incluíndo
citas e excluíndo bibliografía); de se considerar necesario, pode preverse unha presentación persoal do traballo, que será condición necesaria para superar a asignatura. O incumprimento destas condicións entenderase
fraude, coas consecuencias que se prevén na normativa académica.

Oportunidade adiantada: avaliarase a partir dun examen sobre 10 puntos.

Uso de dispositivos: durante as sesións presenciais non está permitido empregar os móbiles, ordenadores, etc. a menos que estea xustificado pola actividade académica e, en calquera caso, exista autorización previa por parte dos profesores. Durante as probas de avaliación estes dispositivos deberán estar apagados e fóra da vista, a menos que o seu uso se autorizase. O incumprimento destas normas interpretarase como fraude, coas consecuencias académicas que se deriven.

A realización fraudulenta
das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación
de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así
calquera cualificación obtida en tódalas actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes