Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Asignaturas
  Análise de Decisións Económicas e Mercados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A5 A6 B1 B3 B4 B6 B8 B11 B13 Resolución de problemas propostos 75
Proba obxectiva C3 C5 C6 Examen escrito 25
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando so participe de actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación acadada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (resolución de problemas, probas de resposta curta, intervencións durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais para a proba obxectiva final.

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as outras probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

5. Identificación do estudante: O alumno deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Outras observacións de avaliación: 

a. Avaliación da Parte I: os contidos desta parte avaliaranse ca entrega de follas de exercicios e/ou proba obxectiva podendo obter un máximo de 7,5 puntos.

b. Avaliación da Parte II: os contidos desta parte avaliaranse ca entrega de follas de exercicios, podendo obter un máximo de 7,5 puntos; e, cunha proba obxectiva podendo obter un máximo de 2,5 puntos.

puntos.

c. Asistencia a clase
obligatoria



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes