Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Asignaturas
  Técnicas Econométricas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Técnicas Econométricas Código 611532003
Titulación
Máster Universitario en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Mourelle Espasandin, Estefania
Correo electrónico
estefania.mourelle@udc.es
Profesorado
Mourelle Espasandin, Estefania
Correo electrónico
estefania.mourelle@udc.es
Web http://www.gcd.udc.es/emourelle
Descrición xeral Esta materia ten como principal fin que o estudante adquira as competencias necesarias para detectar cando e como aplicar as técnicas econométricas necesarias para o estudo de situacións e casos con datos reais no eido da economía. O obxectivo reside, por tanto, en que o estudante sexa capaz de extraer a información relevante das variables económicas e as súas interrelacións a través de diferentes tipos de análises e ferramentas, o cal lle permitirá comprender patróns de comportamento e efectuar as pertinentes valoracións. Asimesmo, preténdese que o estudante sexa crítico na avaliación do contexto económico e dos traballos que neste contexto deba avaliar.
Plan de continxencia *** PLAN DE CONTINXENCIA NO CASO DUN ESCENARIO DE NON PRESENCIALIDADE (BLOQUE IMPARTIDO NA UDC) *** 1. MODIFICACIÓNS NOS CONTIDOS En principio non se prevé a realización de cambios. 2. METODOLOXÍAS *Metodoloxías docentes que se manteñen Prácticas a través de TIC Sesión maxistral Obradoiro Análise de fontes documentais (computa na avaliación) Aprendizaxe colaborativa: consta de dúas partes, o envío do traballo grupal e a exposición oral. O primeiro realizarase a través da pertinente plataforma virtual (computa na avaliación). *Metodoloxías docentes que se modifican Aprendizaxe colaborativa: consta de dúas partes, o envío do traballo grupal e a exposición oral. A segunda realizarase a través da pertinente plataforma virtual (computa na avaliación). Proba obxectiva (realizarase a través da pertinente plataforma virtual; computa na avaliación) 3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO - Correo electrónico. Temporalidade: diaria. Descrición: atención ao alumnado sobre diversas cuestións relativas á materia. - Campus Virtual (UDC)/MooVi (UVigo). Temporalidade: a petición do estudante. Descrición: uso de foros, chats e outras canles de comunicación co alumnado sobre cuestións de diversa índole en relación coa materia (dúbidas puntuais, aclaracións, titorías, outras comunicacións, etc.). - MS Teams. Temporalidade: a petición do estudante. Descrición: uso das ferramentas de comunicación co alumnado sobre cuestións de diversa índole en relación coa materia (dúbidas puntuais, aclaracións, titorías, outras comunicacións, etc.). Seguindo as recomendacións efectuadas desde o Decanato da Facultade de Economía e Empresa da UDC, as titorías individuais/grupais realizaranse preferentemente de xeito virtual/non presencial. 4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN *Observacións de avaliación: non se verá afectada, salvo que as diferentes actividades contempladas serán levadas a cabo por vía telemática (no envío do traballo en grupo e a análise de fontes documentais emprégase, por defecto, esta modalidade). 5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA Na medida en que sexa posible, facilitarase o acceso en aberto á bibliografía sinalada nesta guía docente. En caso negativo, proporcionaranse documentos dixitalizados que sirvan de apoio ao estudante (se ben na plataforma virtual empregada contarán con todos os apuntamentos e recursos adicionais necesarios para un normal desenvolvemento da materia).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes