Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Asignaturas
  Métodos Cuantitativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A3 B5 C5 Probas de aplicación dos elementos e técnicas relacionadas co contido da asignatura mediante ouso de ferramentas TIC. 30
Traballos tutelados A8 A10 B2 B12 C4 C5 C10 Probas de carácter práctico, que poden ser tanto individuais como en grupo, nas que se apliquen as técnicas aprendidas na asignatura. 30
Proba mixta A4 A1 B2 B12 C4 C5 Realizarase unha proba de contidos mínimos, articulada en dous bloques (Matemáticas e Estatística) que corresponde co exame final. Esta proba é fundamental na avaliación. 40
 
Observacións avaliación

A asignatura divídese en dous módulos, o de Matemáticas e máis o de Estatística. Ambos bloques desenvolveranse de forma autónoma e simultánea.

Os criterios de avaliacións serán os mesmos en ambos módulos, e a cualificación final da asignatura consistirá na suma das puntuacións totais obtidas en cada módulo.

O 60% da cualificación final corresponde ás probas de avaliación continua, prácticas a través de TIC e traballos tutelados mentres que o 40% restante corresponde ás probas obxectivas.

A proba mixta considérase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela un mínimo do 50% da súa calificación para que se computen o resto de actividades avaliadas. Ademáis, se poderá esixir un mínimo dun 20% da calificación máxima en cada un dos dous módulos para considerala superada.

Cada un dos bloques terá un peso do 50% na calificación final.

Cualificación "Non Presentado/a": corresponde ao alumnado que só participe en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da nota acadada.

Na segunda oportunidade a avaliación continua terá un peso do 60% na cualificación final mentres que o
40% restante corresponde ás probas obxectivas. Os alumnos poderán elexir antes da data fixada polo profesorado se renunciar ou non a cualificación da avaliación continua obtida na primeira oportunidade (a renuncia é independente para cada un dos bloques da materia). No caso de renunciar, o alumno terá que realizar de novo tarefas correspondentes á avaliación continua na data que se lle indique dentro do período de exames da segunda oportunidade.

Convocatoria avanzada: nesta oportunidad é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante tarefas engadidas de xeito adicional para a proba obxectiva final.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: salvo no caso das datas aprobadas pola Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para o resto das probas acordarase un calendario específico compatible coa súa dedicación ao comezo do curso.

Realización das probas obxectivas finais: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Identificación do alumno: O alumnado deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes