Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Asignaturas
  Modelos de Xestión Pública
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B6 C10 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. 40
Estudo de casos A7 A10 A11 A12 B8 C1 Seguimento da aprendizaxe do alumnado nas sesións programadas a través da súa participación nas mesmas e da realización e defensa dos casos propostos 60
 
Observacións avaliación

Terase en conta a participación do alumnado nas sesións programadas. Utilización da bibliografía
recomendada no programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o
desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose
necesario. A.-Exame: 40% da cualificación. 
B.-Estudo de casos: 60% da cualificación. A nota agregada deberá ser
igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

Os criterios de avaliación son os
mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como
para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira
oportunidade, pódese gardar a puntuación dos casos prácticos (parte B) para a
segunda oportunidade, ou pódense recuperar os casos prácticos, que
deberán presentarse tres días antes da data sinalada para a proba oficial.

No caso de alumnado con
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de
comunicación principal para a xestión de contidos, atención personalizada e
entrega de casos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de
datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar
actividades e probas de avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos
de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando
só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior
ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
conseguida.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes