Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Subjects
  Evaluation of Public Policies
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A3 A2 B6 B8 C4 C1 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. 30
Case study B6 B8 C1 C4 C5 Seguimento da aprendizaxe do alumnado nas sesións programadas a través da súa participación nas mesmas e da realización e defensa dos casos propostos 70
 
Assessment comments

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora,
xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta
lingua.

A cualificación final consta de dúas partes:

A.-Exame: 30% da cualificación. 

B.-Estudo de casos: 70% da cualificación. 

A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, pódese gardar a puntuación dos casos prácticos (parte B) para a segunda oportunidade, ou pódense recuperar os casos prácticos, que deberán presentarse tres días antes da data sinalada para a proba oficial. 


No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, atención personalizada e entrega de casos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e probas de avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes