Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Asignaturas
  Política Económica Rexional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A4 A5 A7 A8 A10 A11 A12 A13 B6 B8 C3 C4 C6 C8 C10 Realización de tarefas relacionadas co plantexado nas sesións: Resolución de exercicios, análisis estratéxico, revisión bibliográfica...
O seu plantexamento pode ser tanto presencial coma telemático e terán a forma dunha proba escrita.
30
Estudo de casos A4 A5 A7 A8 A10 A11 A12 A13 B8 C3 C6 C10 Análise de casos de desenvolvemento rexional plantexados na clase 20
Traballos tutelados A4 A5 A7 A8 A10 A11 A12 A13 B6 B8 C3 C4 C6 C8 C10 Elaboración individual dunha análise e as bases da planificación estratéxica dun entorno xeográfico concreto (á elección do alumno), preferentemente unha comarca, baixo a dirección do profesor. 50
 
Observacións avaliación

A)   NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.    Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2.    Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B)   TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.    Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2.    Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

C)  OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.    Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.

2.    Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

3.    Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes