Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Economía
 Asignaturas
  Microeconomía Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 A7 A11 A12 A13 B6 C5 C7 C10 Exame escrito. 30
Solución de problemas A2 A7 A11 A12 A13 B6 B7 B8 C5 C7 C10 Resolución de problemas propostos. 70
 
Observacións avaliación

NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións da avaliación: Non se permitirá o acceso á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

AVALIACIÓN:

1. A asistencia ás clases é imprescindible para a valoración de casos, discusións, solución de problemas e para a realización das probas da evaluación continua.

2. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación de 5 sobre 10. 

3. A avaliación continua realizada durante o curso (Resolución e Entrega de Problemas) constitúe o 70% da cualificación.

4. A proba final constitúe o 30% da cualificación. 

5. A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumnado que non participe en actividades de avaliación ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida. 

6. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia conforme o establecido na normativa específica da UDC poderán seguir a avaliación continua acordándose ao inicio do curso un calendario de datas compatible coa súa dedicación.

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. As condicións de avaliación para a segunda oportunidade serán as mesmas que para a primeira. A maiores, aqueles que non realizasen a avaliación continua terán a posibilidade de facer unha nova entrega de exercicios para recuperar esta parte da nota.

2. Na proba da convocatoria adiantada, se fora o caso, o alumno deberá obter una cualificación de 5 sobre 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes