Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Historia Económica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Orientación docente, técnicas de traballo e planificación do curso

Sesión maxistral Nas sesións maxistrais as profesoras impartirán as pautas crave da materia que o estudante debe coñecer e preparar con traballo individual e en grupo utilizando o resto de instrumentos que ofrece o curso.
Estudo de casos Inclúen prácticas a partir de textos e datos estatísticos. Asi mesmo, ensinarase a buscar información nas principais bases de datos nacionais e internacionais e a consultar fontes documentais.
Lecturas Haberá varias lecturas de carácter obrigatorio cuxo contido se discutirá en clase. Os seus contidos servirán como complemento das clases maxistrais e como material para realizar estudos de caso e análise de datos.
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais. Valorarase a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética, e o coñecemento dos contidos do programa.
Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
Así mesmo, é necesario que cada alumno que desexe realizar o exame identifíquese correctamente cun D.N.I. ou carné de estudante na aula onde se vaia a realizar a proba.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes