Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Matemáticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B4 Proba de resolución de exercicios e problemas. Poderá ter tamén preguntas teóricas.

O estudante deberá amosar ademais dos resultados, a capacidade de razoamento e de expresión en linguaxe matemática.

A súa ponderación na cualificación final da materia é do 60%.

Proba de resolución de exercicios e problemas. Poderá ter tamén preguntas teóricas.
Realizarase na data marcada polo centro para a avaliación final da materia.

O estudante deberá amosar ademais do coñecementos dos contidos da materia e a súa aplicación, a capacidade de razoamento e de expresión en linguaxe matemática.
60
Traballos tutelados A3 A5 A6 A9 B6 B7 C8 A súa ponderación na avaliación final é do 10%.
Os docentes poderán solicitar do alumno a defensa do traballo presentado. A defensa non satisfactoria ou a non presentación á defensa poderá supor un cero no traballo.
10
Proba de resposta múltiple A3 A súa ponderación na avaliación final é do 30%. Poderán ser substituídas por probas escritas.

Haberá, ao longo do cuatrimestre, un máximo de 3 probas.
30
 
Observacións avaliación


Cualificación
de Non Presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que
só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con
independencia da cualificación obtida.



Condicións
de realización dos exames: 

Durante a realización dos exames non se
poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación
co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio
deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta
conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os
fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala
de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do
contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la
realización das probas presenciais.


No caso de que se cometa unha tentativa de fraude, o estudante será cualificado cun "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a falta se comete na primeira como na segunda oportunidade. Para isto se procederá a modificar, se cómpre, a súa cualificación na acta da primeira oportunidade


Convocatoria
adiantada de decembro: Realizarase un exame que valerá dez puntos.


Na
primeira oportunidade poderase engadir á cualificación final
(avaliación continua + exame final) até un máximo dun punto extra
vinculado á participación activa nas aulas e titorías da materia.



Na
segunda oportunidade haberá unha única proba mixta e a
cualificación será a máis alta das dúas seguintes opcións: 


-
Suma das puntuacións obtidas na avaliación continua (sobre 4
puntos) e na proba mixta (sobre 6 puntos).


-
cualificación obtida na proba mixta puntuada sobre 10 puntos.


O
alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con
exención de asistencia seguirán o mesmo sistema de avaliación que
os que están a tempo completo.

Plataforma
virtual: Para seguir a materia e obter todos os materiais básicos
dela, usarase o campus virtual da UDC (moodle). Así mesmo, se o
profesorado o considera apropiado, poderá usarse a plataforma do
departamento Moebius http://moebius.udc.es
. Neste caso facilitaráselle a cada estudante un nome de
usuario e un contrasinal persoal, xunto coa información precisa para
acceder a esta plataforma virtual.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes