Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Economía Mundial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 B7 Traballo de curso correspondente á evaluación continua: parte de análise cuantitativa, explicación da metodoloxía utilizada, desenvolvemento do tema e bibliografía utilizada. Estes traballos serán tutorizados previamente polo profesor antes da defensa oral. 20
Proba mixta A9 A12 C1 C3 Proba escrita de coñecementos adquiridos e utilización adecuada de conceptos e linguaxe económica da materia. Terá lugar na data establecida no calendario académico. 40
Presentación oral A12 C1 Traballo de curso correspondente a evaluación continua: parte de exposición e defensa oral. 20
Obradoiro A3 A9 A12 B6 B8 C3 C4 C6 C7 Discusión dirixida, lecturas, solución de problemas, probas de autoevaluación e participación activa na asignatura 20
 
Observacións avaliación

A asignatura está estructurada para facilitar que o alumno leve la materia ao día, dado o carácter actual da materia Economía Mundial. O examen final de coñecementos representa o 40% da calificación total que sumarase as calificacions obtidas na evaluación contínua: 40% correspondente ao traballo de grupo e un 20% restante na actividad "Obradoiro". Lémbrase que a evaluación continua é fundamental para superar a asignatura.

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de realización dos exames : Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la realización das probas presenciais.

2. Identificacióndo estudante : O estudante acreditará a súa identidade de acordo coa normativa vixente.

3. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente acualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente,invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

Cualificación de Non Presentado :Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo. Poderán realizar o traballo de xeito individual. Agás para as datas das probas de coñecementos, as titorías e as tarefas da avaliación continua acordaranse entre o profesor e o estudante.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

Primeira oportunidade : Na primeira oportunidade será imprescindible unha cualificación mínima de 4/10 no exame escrito de coñecementos para sumar á cualificación de avaliación continua.

Segunda oportunidade : A segunda oportunidade será avaliada co 40% da proba escrita de coñecementos máis o 60% da parte correspondente á avaliación continua que será avaliada na mesma data e proba a través de exercicios prácticos. Será imprescindible obter un 4/10 en ambas partes para sumar ambas notas.

Convocatoria adiantada dedecembro : No caso de que un alumno solicitase a convocatoria adiantada, este será avaliado tal como indica la GADU da materia xa que é do primeiro cuadrimestre (60% avaliación continua+40% a proba escrita).

D) OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN:

Plataformavirtual: Para seguir a materia e obter todos os materiais básicos dela, usaraseo campus virtual da UDC (moodle). Así mesmo, se o profesorado o consideraapropiado, poderá usarse a plataforma do departamento Moebius http://moebius.udc.es .Neste caso facilitaráselle a cada estudante un nome de usuario e uncontrasinal persoal, xunto coa información precisa para acceder a estaplataforma virtual.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes