Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Microeconomía e Mercados
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de contidos por parte do profesorado, complementada con medios audiovisuais, e preguntas dirixidas ao estudiantado, que poderán ter carácter oral ou escrito. Poderán ser presenciais ou virtuais.
Solución de problemas Cuestións teóricas ou prácticas para resolver, que poderán plantexarse no contexto das sesións maxistrais, nos seminarios ou ben como traballo persoal do estudantado. Así mesmo, poderase requirir a entrega dos resultados da resolución dos problemas teóricos ou prácticos plantexados, tanto en soporte papel como dixital, a través da entrega directa, mediante a plataforma on-line, do correo electrónico ou de calquera outro sistema indicado polo profesorado. Poderán ser presenciais ou virtuais.
Lecturas Lectura de textos académicos ou de actualidade. En lingua galega, española ou extranxeira.
Proba obxectiva Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse cun só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluír tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
Poderase realizar online a través da plataforma Moodle ou de forma presencial.
Proba mixta Podera constar de resolución de problemas, preguntas breves, preguntas de ensaio ou de preguntas de opción múltiple. Ao longo do curso faranse varias probas mixtas.
Forma parte da avaliación continua.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial.
Prácticas a través de TIC O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía.
Seminario Clases en grupos reducidos de alumnos para análise detallada de problemas concretos do temario. Se realizarán de forma
virtual.
Portafolios do alumno Espazo para que o alumnado recolla as evidencias do traballo realizado
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes