Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Subjects
  Economic History of Spain
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A3 A4 A5 A6 A7 A9 A12 B3 B6 B7 B8 C6 Inclúen as prácticas con material cuantitativo. Refírese ás análises de datos estatísticos dende unha perspectiva de longo prazo. Os estudos de caso avaliaranse a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento 0
Workbook A7 A10 A11 A13 C2 C5 Representan unha información complementaria ás clases maxistrais. En clase traballaranse as técnicas para extraer a información fundamental das lecturas e discutirase o seu contido en clase. O contido das lecturas servirá como materia complementaria á impartida nas clases maxistrais. Así mesmo, o contido das lecturas servirá tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación realizarase conxuntamente cos estudos de caso a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento
0
Objective test A4 A6 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais establecidas (proba de reflexión crítica 40% + exercicio práctico 20%). O exame valorará a capacidade de expresión, manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos da materia.

O exame final representa o 60% da avaliación final do alumno, que se sumaría ao 40% da avaliación continua obtida polos alumnos.

Na segunda oportunidade, garántese que o alumno poida recuperar a nota de avaliación continua do curso (40%), mediante a realización dunha proba práctica complementaria voluntaria. Para obter máis información, consulte a sección "Proba de ensaio".

En calquera dos supostos descritos, o alumno terá que obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
60
Guest lecture / keynote speech A2 A4 A7 A8 C4 Nestas sesións o profesor impartirá as pautas crave da materia que os estudantes deben coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso. A avaliación desta materia producirase a través da proba obxectiva na convocatoria oficial e dos estudos de caso 0
Long answer / essay questions A3 A6 A9 A12 C1 Inclúen prácticas con material cuantitativo (casos prácticos e lecturas). Ao comezo do curso, o profesorado establecerá dúas datas para realizar dúas probas avaliables que poderán ser computables na nota final. As datas publicaranse no calendario moodle da materia. Conxuntamente, as dúas probas prácticas da avaliación continua computarán un máximo de 4 puntos na nota final do curso.

No caso da segunda oportunidade, o alumnado terá a opción de recuperar o 40% da nota correspondente á avaliación continua do curso mediante a realización dunha proba práctica complementaria que se realizará voluntariamente despois do exame final. Esta opción permitirá escoller ou recuperar toda a parte práctica da materia (40% da nota). Agora ben, se deciden optar por esta posibilidade, a nota final da avaliación continua será a obtida nesta segunda oportunidade (aínda que fose inferior á acadada na avaliación continua da primeira oportunidade).
40
 
Assessment comments

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN 

 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 
 2. Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. 


B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: 
 1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 
 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 
 1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.
 2. Segunda oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 
 3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

OUTRAS OBSERVACIÓNS

Neste novo curso a docencia está prevista de forma presencial. Con todo, previuse que tanto as probas de prácticas da avaliación continua como o exame final da convocatoria oficial poidan realizarse de manera presencial ou virtual dependendo das circunstancias da pandemia e das recomendacións da Universidade. En calquera dos casos, o contido da materia, a metodoloxía e a avaliación serán idénticos coa única condición de que as clases se pasarían á plataforma virtual TEAMS. Neste apartado coma noutros seguiranse as indicacións e recomendacións recibidas desde a Universidade

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes