Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Contabilidade
   Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Presentación oral
Proba mixta
Proba práctica
Proba obxectiva
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula ou fóra dela teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o estudante será guiado polo docente de xeito que poda chegar á solución/s dos casos que se lle propoñen. Esta orientación realizarase na aula, cando o estudante o solicite ou o docente perciba que este ten dificultades para enfocar a cuestión a resolver, pero tamén en titorías individuais, así como a través do foro virtual da materia ou do chat de Teams. Por último, a atención personalizada tamén é moi importante nas titorías en grupo reducido (TGRs), destinadas á orientación e seguimento do traballo de análise de estados financeiros que os estudantes deben realizar en equipo. Estas TGRs non están programadas no horario de docencia publicado pola FEE e desenvolveranse en MS Teams, en sesións de unha hora, nas semanas 9, 10, 11 e 12 do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes