Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Econometría I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A13 B2 B3 B6 B8 B9 C1 C4 C5 C6 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba obxectiva A3 A4 A5 A7 A12 B2 B3 B5 C1 C6 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10. 70
 
Observacións avaliación

A) Oportunidades de xuño e de xullo:

1. Para superar a materia obteranse polo menos 5 puntos, cun mínimo
de 2.5 na proba mixta.

2. O sistema de avaliación será aplicado,
tal e como se describe no apartado anterior, en ambas as duas
oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación
académica.

3. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das
probas de avaliación. 

4. A cualificación de non presentado
corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da
cualificación total.


B) Oportunidade adiantada:

A
avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a
través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que
terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos"
da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será
necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estas condicións de
avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só
aplicaranse neste suposto.


C) Oportunidades de xuño, de xullo e adiantada:

Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse polas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes