Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Política Monetaria e Sistema Financeiro
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B8 C1 O exame final consistirá nunha única proba escrita de carácter teórico-práctico que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos recollidos no programa e desenvolvidos nal aula

A parte teórica do exame poderá incluir preguntas tipo test.

Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos.

40
Proba de resposta múltiple A2 A4 B1 B5 Proba obxectiva na que se formulan cuestións en forma de pregunta directa, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. 20
Traballos tutelados A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B3 C1 Actividades deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. 40
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de realización dos exames: durante a realización dos exames está prohibido acceder á aula con dispositivos que permitan a comunicación co exterior e almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá ursarse esta conexión co exterior e/our o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante a realización das probas presenciais.

2. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a sua personalidade conforme á normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN

Cualificación
de Non Presentado
: Outorgarase esta
cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con
independencia da cualificación obtida.

O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguriá o mesmo sistema de avaliación que o que está a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

Primeira oportunidade: na primeira oportunidade poderase engadir á cualificación final (avaliación continua+exame final) até un máximo dun punto extra vinculado á participación activa nas aulas e titorías da mesma

Na proba mixta, que se realizará na convocatoria oficial (data do calendario oficial de primeira oportunidade, na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse  especialmente, además dos coñecementos, as capacidades de análise e síntese do alumno. Na parte práctica valoraranse especialmente a capacidade para aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. A puntuación da proba establécese sobre un máximo de 4 puntos.

Segunda
oportunidade e convocatoria adiantada de decembro
: Na data e hora establecidas no calendario académico oficial para
a realización da proba de avaliación correspondente á segunda oportunidade,
realizarase un exame que constará de dúas partes. Por un lado, unha primeira
parte xeral, que representa un 40% da nota final que se suma a cualificación
obtida polo/a alumno/a nas probas de avaliación continua realizadas ao longo do
cuadrimestre. Por outro lado, unha segunda parte específica para que os
alumnos/as que o desexen poidan recuperar a cualificación correspondente ás
probas e actividades contempladas na evaluación continua programadas e realizadas
ao longo do cuadrimestre (probas test, problemas e outras actividades
avaliables). A realización desta parte específica consistirá nunha serie de
preguntas, exercicios e/ou casos prácticos cos que se avaliará a adquisición do
tipo de competencias requeridas para superar as probas de avaliación continua
realizadas durante o cuadrimestre. Esta parte do exame permite acadar un máximo
do 60% da nota final. Deste xeito, todos/as os/as alumnos/as estarán en condicións
de acadar na segunda oportunidade un 100% da cualificación. Esta mesma
posibilidade darase aos estudantes da oportunidade adiantada.

Nota: o alumno/a que realiza a
parte específica da proba de avaliación final programada para a segunda
oportunidade enténdese que renuncia a cualificación obtida pola realización das
probas e actividades avaliables contempladas no proceso de avaliación continua
desenvolvido durante o cuadrimestre.

D) OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN:

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: Esta situación deberá ser posta en coñecemento do profesor ao comezo do curso e acordarase un calendario compatible coa sua dedicación salvo no caso das probas finais. Neste caso, os criterios de avaliación rexerase pola realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a nota. Nesta proba incluiranse preguntas teóricas e prácticas e o alumno terá que demostrar ter acadado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes