Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Econometría II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 Recoméndase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos e na forma que lles será indicada. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba mixta B5 B6 B7 B8 C6 Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Poderá combinar distintos tipos de preguntas de tipo teórico e práctico. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10.
70
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia constará de un ou varios obradoiros e dunha proba mixta: os obradoiros terán unha cualificación máxima do 30% correspondendo o restante 70% da materia a unha proba mixta (ou exame liberatorio que se realizará ao rematar o temario) na que se avaliarán os contidos da materia (temas 1, 2 e 3) sendo necesario obter un mínimo de 2.5 puntos
sobre 7 nesta proba obxectiva.

Polo tanto, para aprobar a materia é necesario acadar un mínimo de 2.5 puntos sobre 7 na proba mixta e obter polo menos 5 puntos na
suma das calificacións dos obradoiros e da proba mixta. Os alumnos que non superen a materia deste xeito, deberán facer o exame
de primeira ou segunda oportunidade realizando unha proba mixta (ou proba obxectiva) que
compute o 70% da nota e que se sumará ás cualificacións obtidas nos obradoiros realizados ao longo do curso.

A) Oportunidades de xuño e de xullo:

1. Para superar a materia obteranse polo menos 5 puntos (unha vez sumadas as calificacións dos obradoiros e da proba mixta).

2. Os alumnos que non acadasen a nota mínima na proba mixta (2.5 puntos sobre 7) e que no
cómputo global da avaliación obtivesen unha puntuación igual ou superior a
5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota
de 4.5.

3. O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe nos apartados anteriores, en ambas as duas oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica.

4. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación. 

5. A cualificación de non presentado corresponde únicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total.


B) Oportunidade adiantada:

A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse neste suposto.


C) Oportunidades de xuño, de xullo e adiantada:

Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse polas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes