Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Econometría II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 Recoméndase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos e na forma que lles será indicada. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba obxectiva B5 B6 B7 B8 C6 Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Poderá combinar distintos tipos de preguntas de tipo teórico e práctico. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10.
70
 
Observacións avaliación
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de avaliación

1.1 Normas para a realización das probas de avaliación presenciais

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, está prohibido acceder á aula na que a se celebre a proba con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a normativa correspondente.
As persoas que traian dispositivos deste tipo o día da proba –incluídos teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes- e non teñan onde deixalos, deberán depositalos na entrada da aula antes do comezo da proba. O profesorado non se fai responsable da súa posible perda ou extravío.

1.2 Normas para a realización das probas de avaliación controladas a través de Teams

As persoas que vaian realizar a proba deben estar conectadas a Teams en todo momento, salvo que se especifique o contrario de maneira expresa nas instrucións desa proba concreta. Se unha persoa se desconecta de Teams durante a realización da proba ou sae do campo de visión da cámara durante a súa realización, a proba considerarase non entregada. Cada estudante deberá ter a cámara web activada en todo momento; a desconexión da cámara considerarase equivalente a unha desconexión de Teams, e supoñerá que a proba se considere non entregada.

O profesorado gravará a proba como garantía da identificación do estudantado e da realización do proceso de avaliación esixido pola Lei Orgánica de Universidades. É responsabilidade de cada estudante configurar o seu espazo para evitar a vulneración da intimidade ou dos datos persoais seus ou de terceiras persoas. En todo o relativo á gravación destas probas aplicarase estritamente a normativa da universidade.

Salvo que se indique o contrario, aplicaranse as mesmas normas que nunha proba presencial: non se poderá acceder a ningún dispositivo que permita a comunicación con terceiros y/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares, teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, tabletas, computadores, etc. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a correspondente normativa.

2. Identificación do estudante

O estudante deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente. Para iso o profesorado poderá requirir en calquera momento a identificación do estudante, quen deberá acreditala mediante a tarxeta de estudante da UDC, o documento nacional de identidade, ou un documento identificativo que a xuízo do profesorado sexa equivalente aos anteriores.

3. Procedemento de actuación ante a realización fraudulenta dunha actividade que computa na avaliación

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

B) TIPOS DE CALIFICACIÓN

1. Cualificación de non presentado

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, só serán cualificadas con Non Presentado as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final desa oportunidade.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Aplicaránselle as mesmas normas de avaliación que ao estudantado matriculado a tempo completo, tanto na primeira oportunidade como na segunda. As persoas con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentas da asistencia a clase, pero teñen a mesma obrigación de acudir a calquera tipo de proba de avaliación presencial que o estudantado a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

1. Primeira oportunidade

A avaliación da materia constará dun ou varios talleres e dunha proba obxectiva: os talleres terán unha cualificación máxima do 30% correspondendo o restante 70% da materia a unha proba obxectiva, que se realizará na data establecida no calendario académico oficial, na que se avaliarán os contidos da materia (temas 1, 2 e 3) sendo necesario obter un mínimo de 2.5 puntos sobre 7 nesta proba.
Por tanto, para aprobar a materia é necesario alcanzar un mínimo de 2.5 puntos sobre 7 na proba obxectiva de primeira oportunidade e obter polo menos 5 puntos na suma das cualificacións dos talleres e da proba obxectiva.
Os alumnos que non alcanzasen a nota mínima na proba obxectiva (2.5 puntos sobre 7) e que no cómputo global da avaliación obtivesen unha puntuación igual ou superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4.5.

2. Segunda oportunidade

O exame de segunda oportunidade realizarase o día e hora fixados pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da segunda oportunidade.
Os criterios de avaliación na segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados na primeira oportunidade, por tanto a proba obxectiva seguirá valorándose co 70% da cualificación total (cunha nota mínima de 2.5 puntos sobre 7). Para obter o 100% da cualificación nesta segunda oportunidade, o profesorado indicará a proba que será necesaria para recuperar o 30% de avaliación continua. Os estudantes que queiran optar á recuperación do devandito 30% de avaliación deberán ter en conta que a nota definitiva da avaliación continua será a que se obteña nesta segunda oportunidade, perdéndose a puntuación obtida durante a primeira. Para superar a materia a nota final deberá ser igual ou superior a 5 puntos.

Os alumnos que non alcanzasen a nota mínima na proba obxectiva (2.5 puntos sobre 7) e que no cómputo global da avaliación obtivesen unha puntuación igual ou superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4.5.

3. Convocatoria adiantada

A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se celebrará na data e hora establecidas polo centro. Dita proba valorarase cun máximo de 10 puntos e terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba obxectiva. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só se aplicarán neste suposto.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes