Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Econometría II
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística I/611G01006
Matemáticas I/611G01009
Microeconomía e Mercados/611G01012
Estatística II/611G01014
Macroeconomía/611G01017
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019
Econometría I/611G01022
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
1) REQUISITOS PREVIOS

É moi importante que os alumnos estean familiarizados cos contidos das materias de Introdución á Econometría e Econometría I.

2) OUTRAS CONSIDERACIÓNS

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase de modo virtual, en formato dixital e sen necesidade de imprimilos.

- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Valorarase positivamente a implicación do alumnado nas actividades realizadas pola Facultade de Economía e Empresa, como a asistencia a conferencias, congresos, participación no Plan de Acción Titorial (PAT), colaboración co proxecto Green Campus, etc.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes