Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Macroeconomía. Crecemento e Dinámica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 B3 B4 B8 Hay dúas modalidades de avaliación: continua e seguindo o calendario oficial das convocatorias de 1 e 2 oportunidade. Na modalidade de avaliación continua, faranse dous exames, o primeiro durante o curso que no caso de superarse supón que a parte da materia que se inclúa nese exame queda liberada de cara a presentarse o exame da primeira convocatoria. O segundo exame da modalidade de avaliación continua, coincide coa data do exame de primeira oportunidade. Para superar a materia na modalidade de avaliación continua será necesario acadar un mínimo do 50% da calificación, en cada unha das probas. Se non se supera a asignatura na modalidade de avaliación continua (exame durante o curso e exame da primeira oportunidade) o alumnado terá que presentarse a segunda convocatoria con toda a materia. Para presentarse a modalidade de avaliación continua e necesario unha asistencia mínima do 75% as clases da asignatura.
Na modalidade de avaliación seguindo o calendario oficial, o alumnado presentarase con toda a materia tanto na primeira oportunidade como na segunda.
Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) realizarase únicamente un examen donde o peso de este examen será do 100% da nota final da materia, que incluirá todolos contidos impartidos ao longo do curso.
Tódalas probas poderán consistir en unha batería de preguntas tipo test con resposta múltiple, e/ou preguntas de desenvolvemento dos contidos do programa e /ou solución de problemas. No caso dos exámenes tipo test os fallos restarán puntuación
100
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 

 1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. 

 2. Identificación do estudante: o estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente. 

 B) TIPOS DE CALIFICACION

 1. Calificación de non presentado: corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, independentemente da calificación acadada. 

 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia á exención de asistencia: agás as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación 

 C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

 1. Primeira oportunidade: A primeira oportunidade substitúese por unha avaliación continua que poderá consistir nunha serie de probas como examen tipo test, solución de problemas, preguntas cortas e realización e presentación de traballos. Realizaránse dúas evaluacións, a primeira terá lugar durante o período de clase e a segunda coincidirá coa data fixada no calendario oficial para o examen de primeira oportunidade (convocatoria de Xuño). Será necesario acadar un mínimo do 50% da calificación, en cada unha de elas para aprobar a asignatura. En caso de que o estudante non obteña un mínimo do 50% na primeira evaluación, presentarase á segunda evaluación con toda a materia e o 100% da nota. 

 2. Segunda oportunidade: Só haberá un exame na "segunda oportunidade" (convocatoria de xullo) onde o peso deste exame  será o 100% da nota final da asginatura. O exame de segunda oportunidade consistirá en preguntas de opción múltiple. O exame da segunda oportunidade tamén pode incluír preguntas curtas para explicar o contido da materia e / ou a resolución de problemas. 

 3. Convocatoria adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán específicas para esta oportunidade. Avaliarase mediante unha proba mixta que representará o 100% da nota final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes