Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Análise Económico das Organizacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A6 A10 A11 A13 B8 C6 C7 Traballos en grupo sobre unha empresa real 20
Proba obxectiva A2 A3 B5 Exame tipo test 60
Estudo de casos A2 A3 A4 B1 B6 C8 Análise de casos presentados en clase ou desenvolvemento de proxecto de aprendizaxe e servizo 10
Análise de fontes documentais A3 A7 A12 Uso de fontes de información axeitadas. Cada grupo deberá expoñer en clase un concepto ou epígrafe non visto con anterioridad 10
 
Observacións avaliación

Considérase
que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, se lle aplicará
o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e
casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno se non alcanza o cinco,
estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao
exame. Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade
coma para xullo e para a convocatoria adiantada de decembro.

Tanto
o estudo de casos, análise de fontes documentais e os traballos tutelados
realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fóra do período
lectivo dado que se realizan dentro da aula. Tanto aos alumnos a tempo parcial
como a tempo completo se lles aplicará o mesmo sistema de avaliación.

Para
o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos
sobre 10 puntos no exame (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan
unha nota menor que esta no exame). Para superar a materia, a nota media
ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Recórdase
que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Así mesmo,
recórdase que calquera alumno sorprendido realizando o exame mediante calquera
procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero no exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes