Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Análise Económico das Organizacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A4 A5 A6 A10 A11 A13 B1 B5 B6 B8 C7 C8 Traballos en grupo sobre unha empresa 30
Proba obxectiva C6 Exame tipo test que se realizará na data establecida no calendario académico oficial 60
Análise de fontes documentais A3 A7 A12 Uso de fontes de información axeitadas. Cada grupo deberá expoñer en clase un concepto ou epígrafe non visto con anterioridade 10
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

Condicións de realización dos exames

: Lémbrase que está prohibido acceder ás probas de avaliación continua/exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Asímesmo, lémbrase que calquera alumno/a sorprendido/a realizando as probas de avaliación continua/exame mediante calquera procedemento fraudulento asignaráselle unha nota de cero na devandita actividade de avaliación continua/exame (en todas oportunidades). 

Identificación do estudante : O/a estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

 B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:

Cualificación de non presentado : Corresponde ao alumno/a, cando participou en menos dun 20% dos traballos , con independencia da cualificación alcanzada. 

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Tanto aos/as alumnos/ as a tempo parcial como a tempo completo aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación.

 C) SEGUNDA OPORTUNIDAD DE AVALIACIÓN E CONVOCATORIA ADIANTADA:

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada : Na segunda oportunidade, os/ as estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade poderán realizar as actividades de avaliación continua, ademais do exame. Para iso, poñeranse en contacto co seu profesor/a con suficiente antelación, para planificar a realización das devanditas actividades. 
Na convocatoria adiantada, manterase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.

D) OTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN:

Os/ as profesores/ as encargados/as desta materia poñerán ao dispor do alumnado as normas para o desenvolvemento dos traballos propostos nesta guía docente. 

Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10, pero é un requisito indispensable a obtención de 4 puntos sobre 10 na proba obxectiva. Senon se alcanza este mínimo na devandita proba, suspenderase a materia. 

Considérase que un/a alumno/a está dentro da avaliación continua e, por tanto, aplicaráselle o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos encargados. Se dito/a alumno/a non se presenta á proba obxectiva, terá unha nota de cero en actas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes