Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Finanzas
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise das Operacións Financeiras/611G01004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle ou outras opcións, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e  nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

4. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

5. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

6. Na avaliación continua poderíase ter en conta a participación dos estudantes nas actividades organizadas pola FEE: conferencias, Green Campus.. etc.

7. O uso de dispositivos electrónicos (computadores, tabletas, teléfonos, etc.) na aula poderá autorizarse exclusivamente para usos académicos. 

8. En caso de fraude, o alumnado será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria do curso académico, tanto se se produce na primeira oportunidade como na segunda.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes