Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Marketing
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A6 A7 A10 A11 C1 C4 C5 Traballos prácticos relacionados con lecturas, casos práticos sustentados en análises bibliográficas, e presentacións orais.

Estes traballos deberán ser realizados polo alumnado en grupo para a súa posterior exposición. Todos os grupos deberán enviar aos profesores en formato pdf, previamente á exposición, o desenvolovemento dos traballos tutelados analizados.

Neste bloque establécese un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na proba de resposta múltiple, se non se lograse unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 neste bloque a materia considerarase como Non Superada e a calificación final que figurará na acta será a acadada neste bloque.
50
Proba de resposta múltiple B1 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións).

A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se lograse unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple a materia considerarase como Non Superada.

No caso de non ter superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a acadada neste bloque

50
 
Observacións avaliación


No caso de Non acadar o 5 en ningunha das dúas partes, a nota
media final que aparecerá no acta será a media de ambos bloques

No  desenvolvemento da parte práctica valorarase:



Ø A Aplicación dos fundamentos teóricos. 



Ø A Orixinalidade dos traballos. Utilizarase o programa de detección de plaxio Turnitin e o documento non pode superar o 25% de coincidencia.



Ø A Calidade da presentación. 



Ø A Precisión, claridade da exposición e calidade das
respostas. 



Ø As Fontes primarias e secundarias empregadas dentro da Revisión
bibliográfica.



  Segunda Oportunidade e Convocatoria adiantada:



Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primerira
oportunidade.



Calificación de non presentado:



Corresponde ao alumno, cando so participe de actividades de
avaluación que tiñan una ponderación inferior a o 20% sobre a calificación
final, con independencia da calificación alcanzada.



Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia



Agás as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba do
obxectivo final, para as outras probas acordarase un calendario específico de
datas compatible coa súa dedicación ao comezo do curso.



En condicións de avaliación final: Está
prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.



Identificación do alumno: O alumno deberá acreditar a súa personalidade de
acordo coa normativa vixente.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes