Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Principios de Microeconomía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A6 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas expostas nas sesións interactivas. 10
Proba obxectiva C6 C7 Durante o período lectivo realizaranse probas escritas que computarán para o cálculo da cualificación. Para superar a materia o alumno deberá obter 3,5 dos 7 puntos que como máximo poderá obter na proba obxectiva. 70
Estudo de casos A4 A6 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos expostos. 10
Discusión dirixida C1 C4 C5 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas expostas nas sesións interactivas. 10
 
Observacións avaliación
Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.



As probas que se realicen ao longo do curso, incluso impartindo clases presenciais, poderán realizarse en modo virtual. 

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades. Programaranse actividades alternativas para a recuperación das contempladas na avaliación continua, en forma de examen u otra clase de metodoloxía de avaliación entre as recogidas na memoria do grao.  

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na xunta de facultade para as probas obxectivas, para as restantes probas acordarase, a requerimento do alumno, ao inicio do curso un calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación. 

Conforme á normativa aprobada pola Xunta de Facultade, está prohibido o acceso á aula na que se realizan as diferentes probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.

Identificación do estudante: O estudante ten que acreditar a súa personalidades de acordo á normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes