Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Análise das Operacións Financeiras
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A6 A8 A11 B2 B3
1. Trátase dunha proba única para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.
2. Na primeira oportunidade, realizarase un exame dos puntos 4 e 5 do programa, que suporá o 55 % da nota da avaliación final.

3. Na segunda oportunidade realizarase un exame da materia total e supón o 100% da nota de avaliación.

4. Estas probas realizaranse nas datas oficiais seguindo os criterios establecidos nas metodoloxías.

4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo.
55
Proba de resposta breve A5 A6 A8 B2 B3 B4 B5 1.Dúas probas ao longo do cuadrimestre.

2. A primeira inclúe os ítems 1 e 2 e supón o 25 % da nota na avaliación final da primeira oportunidade, a segunda inclúe o ítem 3 e supón o 20 % da nota da avaliación final na primeira oportunidade.

3. Consisten nun exame seguindo os criterios establecidos nas metodoloxías


45
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado .Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 


2. Primeira oportunidade. Aplicaranse os
criterios de avaliación anteriormente mencionados neste apartado: dúas probas
ao longo do cuadrimestre e unha terceira na data do exame oficial.

3. Segunda oportunidade. Haberá un único exame que inclúe todo o temario e suporá o 100% da nota final desta oportunidade. As cualificacións obtidas nas probas realizadas para optar á primeira oportunidade non se terán en conta en ningún caso para optar a esta segunda oportunidade.

4. Convocatoria anticipada. Realizarase unha proba mixta dirixida a avaliar todas as competencias e contidos da materia. O resultado obtido nesta proba suporá o 100% da nota final obtida polo alumno.

5. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. A avaliación destes alumnos rexerase polos mesmos criterios aplicados ao resto do alumnado. Para a realización das probas de resposta breve deberán porse en comunicación cos seus profesores a comezo do curso académico co fin de acordar un calendario específico compatible coa súa dedicación

6. Sobre condicións de avaliación final. Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora electrónica non programable. Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose autorizado expresamente na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón que se considere realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado utilizáseos ou non no curso desta.

7. Identificación do estudante. O estudante ha de acreditara súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

8. Outras observacións de avaliación. As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificaciónde cero puntos na convocatoria quedando invalidada calquera cualificación que o alumno puidese obter durante o curso mediante a realización das actividades de avaliación.

Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse acoñecer no momento da proba e forneceranse xunto co enunciado desta.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes