Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Principios de Macroeconomía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As actividades docentes do curso abarcarán clases maxistrais, ademais de clases prácticas. Utilizarase a linguaxe oral, a linguaxe matemática e a linguaxe gráfica para a explicación dos diferentes temas do programa docente. Todos os contidos someteranse ás probas obxectivas nas datas establecidas pola Facultade, tanto na primeira, coma na segunda oportunidade, coma na oportunidade adiantada.
Proba obxectiva Os exames da asignatura se realizarán nas convocatorias oficiais, nas datas establecidas pola Facultade, tanto na primeira, coma na segunda oportunidade, coma na oportunidade adiantada. Esta proba se puntuará entre 0 e 4 puntos, debendo o alumno obter como mínimo 2 puntos para superar dita proba. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con resposta múltiple, sendo correcta soamente unha. Os erros restarán puntuación. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas, sendo o sistema de avaliación de estes test o mesmo que o dos restantes test. O exame tamén poderá conter temas de desenvolvemento do programa e/ou a proposta de problemas, pois consideramos que o desenvolvemento de contidos con linguaxe literario, gráfico e matemático é adecuado no estudo da Macroeconomía.
Solución de problemas Na aula se podrán propoñer problemas que os alumnos deberán resolver, así como a realización de traballos. Os problemas e os casos terán estreita relación con cada un dos temas que se explicaron nas sesións maxistrais. A medida que se van explicando os temas, poderanse propoñer avaliacións dos temas tratados. Estas avaliacións non serán liberatorias en ningún caso. As puntuacións acadadas polos alumnos formarán parte do 60% asignado á solución de problemas na clase e mais á actividade de clase.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes