Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Principios de Macroeconomía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A8 A10 A11 Esta proba se celebrará nas datas establecidas pola Xunta de Facultade, correspondentes ós exámenes finais, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, coma na oportunidade adiantada de decembro. A nota máxima desta proba será de 7 puntos. Para superar a proba obxectiva o alumno debe acadar como mínimo 3,5 puntos no examen. O alumno se considerará aprobado na asignatura sempre que a súa nota total, suma da proba obxectiva (sempre que nela se obtiveran polo menos 3,5 puntos) e dos problemas ou actividades de clase propostas, sexa de 5 ou máis puntos. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas. Os fallos restarán puntuación. A linguaxe literaria, gráfica e matemática resulta útil para valorar de maneira axeitada os coñecementos adquiridos. Por esta razón, tamén poderá consistir a proba obxectiva en preguntas de desenvolvemento do programa e/ou da realización de problemas. Neste caso, a calificación será tamén dun máximo de 7 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 3,5 puntos para poderse sumar á puntuación obtida no apartado de actividades.

70
Solución de problemas A4 A6 A7 B3 B4 B5 B6 B9 B10 C1 C3 C4 O profesor propoñerá ós alumnos actividades que se deben desenvolver ó longo do curso. O profesor utilizará aquelas actividades, como solución de problemas e exposición de resultados, realización de exercicios sobre os contidos, que estime máis axeitada para o seguimento do curso. Se valorará a resolución e a exposición dos problemas na clase, de forma individual ou en conxunto e mailas solucións dadas ós exercicios propostos. A calificación máxima destas actividades é de 3 puntos. Estas actividades poderanse avaliar tamén a través de cuestionarios que se presentarán periodicamente ós alumnos. O número de cuestionarios no cuadrimestre será de tres. As calificacións que se obteñan nestos cuestionarios se incluen no 30% reservado a actividade da clase. Para os alumnos que teñan dispensa académica de exención de asistencia ás clases estos cuestionarios poderanse realizar en datas e horarios diferentes dos establecidos para o resto dos alumnos. As puntuacións que se houberan acadado (máximo 3 puntos) non terán en ningún caso carácter liberatorio dos contidos do programa. 30
 
Observacións avaliación
2.- Sobre mínimos das partes da materia:
Como se indicou, o traballo de clase puntúa ata un máximo de 3 puntos (30%)
A proba obxectiva puntúa ata un máximo de 7 puntos (70%).
Esto é válido para a primeira oportunidade, para a segunda oportunidade é tamén para a oportunidade adiantada.

No 30% que supón o denominado traballo de clase non se exige mínimo de puntuación.
No 70% que supón a proba obxectiva nas datas establecidas pola Xunta de Centro, a calificación mínima esixida é de 3,5 puntos. 
No conxunto das dúas partes (30% e 70%), o alumno deberá obter una puntuación mínima de 5 puntos, pero sempre que na proba obxectiva acade un mínimo de 3,5 puntos. 


3.- Sobre as condicións de realización da avaliación final. 
Está prohibido acceder á aula de examen con cualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

4.- Sobre a Avaliación da oportunidade segunda ou de xullo e tamén para a oportunidade adiantada
Na segunda oportunidade deberán realizarse cos mesmos criterios que os utilizados na oportunidade primeira do primeiro ou do segundo cuadrimestre (primeira oportunidade). Na oportunidade adiantada aplicaranse os criterios da segunda oportunidade.
Na segunda oportunidade se conservarán polo alumno as calificacións acadadas no traballo de clase(30%), pero non a acadada na proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes