Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Matemáticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A6 A9 C8 A súa ponderación total na cualificación final é do 10%.
O profesorado poderá solicitar do estudantado a defensa de todos ou algún dos traballos presentados. A defensa non satisfactoria ou a non presentación á defensa poderá supor un cero no traballo.
10
Proba de resposta múltiple A4 A súa ponderación total na cualificación final é do 30%.

Haberá, ao longo do cuadrimestre, un máximo de 3 probas.
30
Proba mixta B2 B3 B4 A súa ponderación na cualificación final da materia é do 60%.

Proba de resolución de exercicios e problemas. Poderá ter tamén preguntas teóricas.
Realizarase na data marcada polo centro para a avaliación final da materia.

O estudante deberá amosar ademais do coñecementos dos contidos da materia e a súa aplicación, a capacidade de razoamento e de expresión en linguaxe matemática.
60
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la realización das probas presenciais.

Convocatoria adiantada de decembro: Realizarase un exame que valerá dez puntos.

Na primeira oportunidade poderase engadir á cualificación final (avaliación continua + exame final) até un máximo dun punto extra vinculado á participación activa nas aulas e titorías da materia.

Na segunda oportunidade haberá unha única proba mixta e a cualificación será a máis alta das dúas seguintes opcións:

- Suma das puntuacións obtidas na avaliación continua (sobre 4 puntos) e na proba mixta (sobre 6 puntos).

- cualificación obtida na proba mixta puntuada sobre 10 puntos.

O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguirán o mesmosistema de avaliación que os que están a tempo completo.

Plataformavirtual: Para seguir a materia e obter todos os materiais básicos dela, usarase ocampus virtual da UDC (moodle). Así mesmo, se o profesorado o consideraapropiado, poderá usarse a plataforma dodepartamento Moebius http://moebius.udc.es .Neste caso facilitaráselle a cadaestudante un nome de usuario e un contrasinal persoal, xunto coa información precisa para acceder a esta plataformavirtual.

NOTA: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes