Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Economía Mundial e Española
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia onde se explica ao alumnado o desenvolvemento do programa, os instrumentos de análise básicos para a medición da economía, as fontes documentais que se han utilizar durante o curso, a bibliografía recomendada e mais os requisitos necesarios para a avaliación contínua.
Sesión maxistral Empregaráse o método expositivo coa finalidade de facilitar ao estudante información organizada sobre os coñecementos fundamentais corespondentes aos distintos temas
Proba mixta Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre a economía mundial e española.
Obradoiro Realizaranse diferentes actividades que requiren a participación activa do alumnado. Valorarase a capacidade de análise e de razoamento do alumno afondando nos contidos propios da materia. En canto a traballo específico do alumno, propoñeranse preguntas de resposta breve para valorar o grao de aprendizaxe e a capacidade de síntese, tamén se formularán preguntas de resposta ampla relacionadas con aspectos da materia habitualmente con referencia a un texto, un gráfico, unha noticia, etc. e no seu caso tamén poden formularse preguntas onde o alumno deberá elixir unha das opcións formuladas no enunciado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes