Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Subjects
  Financial Accounting I
   Personalized attention
Methodologies
Workshop
Directed discussion
Description
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula. Por último, as titorías en grupo (4 horas ao longo do cuadrimestre) destinaranse a discutir casos prácticos que pola súa complexidade ou variedade de solucións posibles requiren un maior grado de atención personalizada. Os grupos dividiranse en dous (15 alumnos aprox.) para as titorías en grupo.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes