Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Introdución ao Marketing
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A8 A11 Lecturas e /ou Traballos Prácticos sustentados en análise bibliográfica, Actividades Complementarias e Presentación Oral (40%)
Todos os grupos deberán enviar aos profesores as lecturas analizadas e/ou traballos da Actividades Complementarias realizados previamente á exposición.
Independentemente da cualificación alcanzada na proba de resposta múltiple, se non se lograse unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 nas Lecturas/Traballos Prácticos a materia considerarase como non superada.

40
Proba de resposta múltiple A1 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se lograse unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.
No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test.
A asistencia a clase outorgará un plus de 0,5 puntos sobre a cualificación da proba de resposta múltiple, sempre que a cualificación desta sexa dun mínimo de 4,5 puntos sobre 10, e coa condición de que na devandita asistencia non se superen dúas ausencias en clases teóricas nin dúas ausencias en clases prácticas.
60
 
Observacións avaliación


No desenrolo da parte práctica se valorará:


Aplicación dos fundamentos teóricos.


  • Calidade da presentación. 
  • Precisión, claridade da exposición e calidade das respostas.
  • Fontes primarias e secundarias empleadas.
  • Revisión bibliográfica.
  

Observacións avaliación

1. No caso daquel alumno que non compareza a ningunha das partes a avaliar, a cualificación que constará na acta será a media das ponderacións correspondentes.

2. Valoración de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación acadada.

3. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Ademais, se o alumno non realiza o traballo en grupo ou o suspende na primeira oportunidade ou na convocatoria adiantada, na segunda oportunidade poderá optar por realizar traballos grupais ou individuais. As características do traballo serán as mesmas que na primeira oportunidade ou na convocatoria adiantada.

4. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Salvo as datas aprobadas pola Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, acordarase un calendario específico de datas compatibles ao comezo do curso para o restantes probas.coa súa dedicación.

 5. Sobre as condicións de avaliación final: Queda prohibido acceder á aula de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

6. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na correspondente convocatoria, quedando sen efecto calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.

7. Identificación do alumno: O alumno deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.

8. Dadas as características do exame tipo test, a hora de inicio será inevitablemente a establecida no calendario oficial de exames. Unha vez iniciado, ningún alumno poderá acceder a el.










Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes