Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Política Económica
   Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
O estudante pode recibir atención personalizada para resolver as súas dúbidas sobre a materia, principalmente nas titorías no despacho.

As titorías en grupo reducido planificaranse ao longo do curso. Estarán destinadas a reforzar a aprendizaxe autónoma do alumno a través do seguimento e a supervisión das distintas actividades programadas (busca de datos económicos, fontes bibliográficas, resolución de problemas, exposición de traballos, seminarios etc.)

Para os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes