Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Análise Económico das Organizacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A4 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Elaboración dunha memoria ou proposta de posibles actuacións e solucións a acometer para dar resposta os problemas que plantexe o destinatario do servizo, debidamente razoada. Este traballo realizarase en grupo -o número de integrantes será determinado polo profesor ao comenzó do curso, en función do número de participantes. 20
Proba de resposta múltiple A8 A11 C1 20 preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas segundo a táboa que acompañará ao examen. 60
Proba oral A7 A11 B2 B3 B4 B7 C1 Preguntas cortas ou de certa amplitude, como por exemplo, definición de conceptos ou reflexións críticas sobre cuestións abordadas na materia, etc. Os contidos ou materia que entra nestas probas orais é acumulativo, entrará o visto ata a semana anterior a proba. 20
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN GRADO ADE. A avaliación continua representa o 40% e o examen oficial o 60%. Para superar a asignatura é necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10 puntos no cómputo final da avaliación integrada por a proba ApS, Proba de resposta múltiple e Proba oral, sendo ademáis condición necesaria haber obtido un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. Caso de non acadar esta puntuación, suporá a non superación da asignatura, sendo a nota a puntuación obtida no examen. Con relación a proba oral, cada alumno ao longo do curso poderá ter varias intervencións e cada unha desas intervencións recibirá unha puntuación de ben, mal ou regular. Estas probas comenzarán a partires da segunda semana do curso, en poderán ter lugar calqueira día da semana que estime o profesor, sen necesidade de previo aviso. En caso de que o profesor chame a un alumno e este non se atopara na aula -salvo causa xustificada- recibirá unha puntuación de cero.

Con relación o ApS, esta proba está suxeita a disponibilidade de contar cunha entidade ou asociacion sobre a que poder realizar o proxecto de aprendizaxe-servizo. Caso de non poder ser, a porcentaxe da avaliación que corresponde o ApS trasládase a proba oral, pasando asi a ter un valor do 40% sobre o globa de puntuación final global. 

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso este alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. 

CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo os criterios son os mesmos cos da primeira oportunidade, de tal forma que a nota de avaliación continua obtida se arrastra para formar a nota final. 

AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO). Na dobre titulación as porcentaxes correspondentes a avaliación continua e ao exame oficial manténse no 40% e 60% respectivamente, se ben os ítems que integran a avaliación contínua será os que fixe o profesor desta asignatura e que lles comunicará os alumnos o día da presentación da asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes