Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Investigación de Mercados
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación en clase dos diferentes temas con apoio de transparencias e medios audiovisuais
Estudo de casos Resolución de varios casos prácticos individuais ou en grupo. Estas prácticas serán entregadas nos prazos fixados na aula e expostas oralmente se os profesores o consideran necesario
Investigación (Proxecto de investigación) Estudo de mercado. O punto de partida, para cada un dos grupos, constitúeo a elección dun tema de investigación. O alumno/s establecerá un proceso de investigación sobre un acontecemento que considere importante a nivel empresarial, establecendo as fontes e o tipo de información necesarias, as análises estatísticas que se deben aplicar e, por último, expoñerá as súas conclusións. Neste sentido, (salvo proposta do propio grupo aceptada por profesores) o tema do traballo será asignado polo profesor e versará sobre calquera materia relacionada co ámbito social, económico, político, ambiental...
Presentación oral Os casos prácticos e o traballo tutelado serán expostos polos alumnos/grupos que designen os profesores
Proba de ensaio Preguntas de breve desenvolvemento acerca dos contidos da materia. Pode ser necesario superar nota de corte nas probas de ensaio para superar a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes