Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Facenda Pública. Sistema Fiscal
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A6 A9 A10 B2 B5 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Realización dun ou varios traballos relacionados có contido da materia e presentación dos mesmos. 35
Solución de problemas A3 A4 A6 A9 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Resolución de exercicios, comentarios e/ou cuestionarios que deberá entregar o estudante aos profesores. 15
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 Consistirá nun exame escrito na que se poden utilizar preguntas de resposta múltiple e/ou ensaio e casos prácticos 50
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación acadada.



2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada:

1.         Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación
anteriormente indicados nesta sección.

2.         Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación:

 Proba mixta: 50%

 Proba de resposta múltiple: 50%. Se un estudante desexa manter a súa avaliación continua non debe presentarse á proba de resposta múltiple. En caso de presentarse será a cualificación desta última la que se sumaría, no seu caso, á proba mixta.

3.         Convocatoria adiantada: A avaliación realizarase mediante unha proba mixta 100%

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia:

Excepto para as datas
aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as
restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico
de datas compatible coa súa dedicación.




4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder ao
aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou almacenamento de información.



5. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vigente.

Outras observacións de avaliación:

So se sumará a cualificación da proba mixta se a puntuación na mesma e igual ou superior a  1,75 de 5,0 puntos.

O
estudantado poderá mellorar a súa cualificación na avaliación continua, en 1
punto como máximo, mediante a súa participación en actividades académicas
desenvolvidas polo centro e recomendadas polo profesor

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes