Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 C8 Exame teórico-práctico de todos os contidos da asignatura, que se celebrará en primeira e segunda oportunidade. Representa o 40% da cualificación final. 40
Solución de problemas A8 A9 A10 A11 B1 B7 B8 B9 B10 C3 C5 Forma parte da avaliación continua a elaboración dun ou máis casos prácticos plantexados polo equipo docente, nos que se desenvolverá algún ou algúns dos aspectos relativos ao contido da materia coas seguintes precisións:

1. Para a resolución destes casos pode ser necesario o manexo de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), e de requirirse entregables serán en formato electrónico.

2. Os traballos desenvolveranse de forma individual ou en grupos de 4 a 6 estudantes. Excepcionalmente e previa aprobación por parte do equipo docente da materia, permitiráse outro número de estudantes por grupo.

3. Forma parte esencial da avaliación continua a discusión durante a clase do desenvolvemento dos traballos co equipo docente da materia, polo que é necesaria a asistencia a clase.

4. Cualquera dúbida acerca deste apartado solventarase sustentándose a solución na idea de "avaliación continua".
40
Proba práctica A4 A6 A8 A9 A11 B1 B6 B7 B8 B9 B10 Durante o periodo de clases realizaranse unha ou varias probas de avaliación continua, que non terán carácter liberatorio. A proba non realizada puntúa como cero. 20
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

  1. Condicións de avaliación: Queda prohibido o acceso á aula de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
    vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
    convocatoria en que se cometa: corresponderá unha cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
    académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
    oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

  2. Identificación do alumnado: O alumnado deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

  1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación acadada.

  2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: agás para o exame final, para o resto de actividades acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación ao comezo do cuadrimestre. Por este motivo, este alumnado deberán poñerse en contacto co profesorado da materia nos dez primeiros días do cuadrimestre no que se imparte. As actividades terán o mesmo formato que para o alumnado a tempo completo
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
  1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente sinalados neste apartado.

  2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos que na primeira oportunidade.

  3. Oportunidade adiantada: Avaliarase mediante unha proba mixta que suporá o 100% da nota final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DA AVALIACIÓN:

  1. Con carácter xeral, sen perxuízo do sinalado para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica da exención de asistencia, é necesaria a asistencia a clase para optar á parte da nota correspondente á avaliación continua, tanto de primeira como de segunda oportunidade. Rematado o período de avaliación correspondente á primeira oportunidade, ao alumnado que aínda teña que superar a materia poderáselle propoñer actividades que lle permitan recuperar a parte da cualificación correspondente á avaliación continua para a segunda oportunidade, o que deberá solicitar ao profesorado da materia cunha antelación mínima de dez días á data do exame de segunda oportunidade.

  2. Os criterios de cualificación de cada unha das probas anunciaranse no momento da realización da proba e achegaranse co enunciado da mesma.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes