Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Contabilidade Directiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 Solución de casos prácticos, que poderán ser presentados oralmente. 40
Proba mixta A1 A3 A6 A7 A8 A11 B1 B2 B7 C1 C2 C8 Exames teórico-prácticos, valorados conforme se explica nas observacións. 60
 
Observacións avaliación

Os cuestionarios do exame serán escritos inicialmente en castelán ou inglés. Os estudantes que queiran un exame en galego, deberán solicitalo cun mínimo de 15 días de antelación á data do exame. Excepcionalmente, o formato do exame e inglés poderá ser diferente.

Condicións para realizar probas mixtas: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior ou o almacenamento de información. A falta de disciplina implicará que o alumno debe realizar as probas de avaliación oralmente. Os casos prácticos deberán entregarse ao longo do curso, dentro dos prazos fixados polo profesor.

Cualificación de non presentado. Corresponde aos estudantes cando só participan en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da nota obtida.

Resolución de problemas Pódense engadir ata 4 puntos (40% da avaliación total) pola realización e exposición oral ou escrita de prácticas individuais ou grupais. Para tal efecto, os cuestionarios propostos polo profesor deberán ser cumprimentados e enviados nos prazos establecidos. Para avaliar este apartado será necesaria unha asistencia mínima a clase do 70%. Se non se alcanza esta porcentaxe, valorarase con cero puntos.

As probas mixtas corresponden ao exame final da primeira oportunidade, que se realizará na data do calendario de exames publicado pola Facultade. A puntuación máxima será de 6 puntos (60% da avaliación total).

Na segunda oportunidade, para poder recuperar a avaliación continua da primeira oportunidade, tomarase a maior entre:

a) Cualificación acadada ao longo do curso nas metodoloxías de sesión maxistral e solución de problemas (avaliación continua, 60%); máis cualificación acadada na proba mixta da segunda oportunidade (40%).

b) Exclusicamente pola calificación acadada na proba mixta da segunda oportunidade (100%)

O alumno pode solicitar a realización dun exame oral (máximo de 6
puntos) para tratar de incrementar a puntuación obtida no curso nos apartados
de sesión maxistral e solución de problemas. A cualificación do exame oral so
substituirá á suma das puntuación en sesións maxistrais e solución de problemas
se é mais alta do que fora a suma das dúas cualificacións de éstas.

Suxeito á normativa da UDC, os exames, exposicións orais e outras probas obxecto de avaliación poderán ser presenciais ou en liña.

Avaliación avanzada No caso de que se conceda ao estudante unha oportunidade para a "avaliación avanzada" e só neste caso, haberá unha proba oral e / ou escrita mixta dirixida a avaliar todas as habilidades e contido da materia.

Outras observacións da avaliación:

1. A importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade e nos comportamentos persoais e profesionais

2. Traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e incidirase no medio para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais ou psíquicas socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado, igualitario e rendible á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes