Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Dirección Estratéxica e Política Empresarial II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O profesor formulará a análise de diferentes políticas de empresa enmarcando cada unha delas nos apartados correspondentes dos contidos da materia.
Por medio de cada unha das situacións formuladas, os estudantes e o profesor involúcranse nun proceso de análise e discusión profundos acerca das consecuencias das políticas aplicadas.
O uso de diagramas causais permitirá o desenvolvemento de exercicios prácticos nos que o alumno deberá demostrar os coñecementos adquiridos sobre o comportamento dinámico xerado polas distintas políticas de empresa analizadas.
Co obxecto de habituar o alumno ao traballo en equipo e á discusión técnica de problemas de política de empresa, formularanse diferentes exercicios prácticos cuxa realización require seguir unha serie de etapas:
1. Identificación do patrón dinámico de comportamento.
2. Establecemento de hipótese de partida.
3. Establecemento do diagrama causal e os bucles necesarios para xeralo.
4. Análise dos diagramas causais en termos dos comportamentos cualitativos que poidan producir e a súa adecuación ao patrón dinámico de comportamento que se pretende explicar.
5. Conclusións da análise causal efectuada.
O alumno intervirá de forma activa nas sesións presenciais, especialmente nas de carácter interactivo. Igualmente, na sesión maxistral o alumno pode intervir, logo de petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención se estea a tratar.
Os exercicios do desenvolvemento práctico han de ser defendidos oralmente por todos os compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.

f) Desenvolva hábitos de pensamento analítico ordenado e capacidade de síntese, así como habilidades na presentación de conclusións de forma eficaz e convincente tanto en forma escrita como oral, acerca dos problemas da toma de decisións estratéxicas nunha empresa.

Iniciar a aprendizaxe do traballo en equipo interfuncional, aprendendo a dialogar e a tomar decisións.
Simulación O alumno dispoñerá de modelos de simulación xa elaborados sobre casos de apoio previamente desenvolvidos.
En cada un dos modelos inclúense dous compoñentes fundamentais:
1. O propio modelo de simulación
O modelo incorporará os seguintes elementos:
Diagrama de fluxo que inclúe tanto os fluxos físicos coma os fluxos de información
Os retardos existentes
As relacións lineais existentes
As diferentes políticas alternativas consideradas
Os parámetros do modelo
A estrutura necesaria para poder xerar diferentes escenarios
2. Unha interface de usuario
A interface facilitará ao alumno o uso do modelo para poder:
Analizar dos diagramas de fluxo.
Analizar e describir cada unha das políticas.
Configurar escenarios alternativos e interpretar cada un deles.
Definir un conxunto de simulacións e interpretar o que cada simulación pretende analizar.
Interpretar os resultados obtidos con cada unha das simulacións.
Describir as conclusións obtidas sobre as políticas analizadas xustificándoas cos resultados das simulacións realizadas.
Nas sesións de titorías en grupos reducidos teñen un triplo obxectivo:
Comprender a importancia da simulación como metodoloxía de análise dos problemas empresariais.
Aprender os fundamentos técnicos da simulación.
Manexar a interface de usuario dos modelos para efectuar a análise destes.
Proba de resposta breve Consiste nun exame que pode combinar preguntas de respostas curtas con preguntas tipo test. A súa duración pode oscilar entre 60 e 120 minutos.
Realizarase o día, hora e aula que figure no calendario oficial de exames fixado pola Xunta de Facultade.
Sesión maxistral Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da materia, orientando o alumno tanto na metodoloxía de traballo máis apropiada coma no material bibliográfico necesario para a preparación da materia.
O tempo dedicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional á súa extensión e ao seu grao de dificultade.
Para a preparación dos contidos de maior dificultade de comprensión orientarase ao alumno sobre as fontes bibliográficas máis apropiadas e sobre os aspectos máis relevantes para alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a materia.
Para a exposición das sesións maxistrais o profesor facilitará ao alumno distintos modelos de simulación que apoiarán as explicacións.
Ademais o profesor impartirá 4 horas de docencia en grupos reducidos (cada grupo dividirase en dous para estes efectos). Comunicarase a aula e a hora de cada unha das sesións reducidas para cada grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes