Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Dirección Estratéxica e Política Empresarial II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Mediante a formulación e a resolución de problemas, realizarase un seguimento continuo da aprendizaxe do alumnado por parte do profesor. O detalle dos distintos problemas a resolver ao longo do curso, así como os procesos para a súa resolución, serán detallados polo profesor durante as clases. A valoración da capacidade desenvolvida para a solución de problemas realizarase a través de probas de avaliación continua. 50
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 A proba final é proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test e preguntas de resposta moi breve.
50
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: o comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a valoración supoñerá a cualificación de cero puntos na avaliación final.

2. Identificación do estudante: o estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempoparcial e dispensa académica de exención de asistencia: os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados no apartado de avaliación.

2. Segunda oportunidade: as condicións de avaliación da segunda oportunidade serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta ampla, que conterá tanto a parte A (proba mixta) como a B (solución de problemas) da avaliación, e que supoñerá o 100 % da cualificación final.

3. Convocatoria adiantada: as condicións de avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta ampla, que conterá tanto a parte A (proba mixta) como a B (solución de problemas) da avaliación, e que supoñerá o 100 % da cualificación final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

Participación nas sesións. Utilización do material de estudo proporcionado (temas e modelos de simulación) e da bibliografía recomendada no programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario. Avaliación:

A.-Exame (proba mixta final): 50% da cualificación.

B.-Avaliación continua (solución de problemas): 50% da cualificación.

Na parte A (proba mixta final) será necesaria unha nota mínima de 1.5 sobre 5 para poder superar a materia. A nota agregada (A+ B) deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. Calquera cualificación inferior a 5 comportará o suspenso na materia. No caso de que non se supere o 1.5 na proba mixta final (parte A), a nota resultante será o mínimo entre 4.5 e a suma das dúas notas (parte A e parte B).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes