Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Principios de Microeconomía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B11 B14 C1 C8 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas formuladas nas sesións interactivas. 1
Estudo de casos A9 A17 A21 A23 B1 B9 B10 B12 B13 C4 C5 C6 C7 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos formulados. 1
Proba obxectiva C1 Durante o período lectivo realizaranse probas escritas que computarán para o cálculo da cualificación. Sobre unha cualificación máxima de 7 puntos o alumno debe alcanzar, na proba obxectiva, unha nota media mínima de 3,5 puntos para superar a materia. 97
Solución de problemas C6 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas formuladas nas sesións interactivas. 1
 
Observacións avaliación

Non presentado: Con respecto á
cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de
Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente
se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota
final.

 

O criterio de avaliación da segunda oportunidade: Exame de toda a
temática da asignatura (no que poderá incluirse preguntas conceptuais,
cuestións de razoamento, resolución de problemas e/ou casos, etc.) con
posibilidade de acadar o 100% da cualificación.

 

Convocatoria adiantada-. Se
houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro,
para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda
oportunidade.

 

 

Estudantes con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
ainda que estean exentos de asistencia, serán evaluados cos mesmos criterios
que os alumnos a tempo completo.

 

Condicións de avaliación:
seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á
aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de
información.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes