Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Organizativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A17 A18 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A cualificación estará formada pola obtida nos traballos tutelados realizados en grupo (a mesma para tódolos integrantes do equipo) e pola obtida na presentación oral do traballo e preguntas sobre o mesmo (que será individual para cada alumno/a). 70
Estudo de casos A1 A17 A18 A23 A24 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 Na cualificación inclúense: exercicios, estudo de casos e calquera outro tipo de probas que o profesor plantexe ó longo do período lectivo. 30
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A avaliación é continua e consta de dúas partes:

1. Estudo de casos: supón un 30% da
cualificación.

2. Traballos tutelados con presentación oral dos mesmos: supón un 70% da
cualificación. A entrega dos traballos farase en soporte informático. Na
defensa oral do traballo tutelado, que será presencial (salvo polo previsto no plan de continxencia), participarán obrigatoriamente tódolos
compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.

O estudo de casos realizarase ao
longo do período lectivo e non é posible a súa realización fora do mesmo.



Para sumar a nota do estudo de casos á do  traballo tutelado, haberá que alcanzar como mínimo un 4 sobre 10 no traballo tutelado. Para superar a materia, a nota media ponderada final
deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

No caso de non acadar un 4 sobre 10 no traballo tutelado, a nota da materia será a obtida no traballo tutelado
ponderada polo 70%.



SEGUNDA OPORTUNIDADE:



Os criterios de avaliación y cualificación
son exactamente iguais en tódalas oportunidades de avaliación.



Gardarase a nota do estudo de casos
(30%) para a segunda oportunidade, pero en ningún caso para cursos posteriores.
Para a segunda oportunidade haberá que facer ademais un novo traballo tutelado,
que nesta ocasión será INDIVIDUAL, coa correspondente presentación oral
que supoñerá o 70% restante da nota. A presentación oral farase coas mesmas condicións que para a primeira oportunidade.



 



OUTRAS OBSERVACIÓNS XENERAIS:



- Os criterios de avaliación e cualificación son exactamente iguais en tódalas oportunidades de avaliación
(Adiantada, Primeira e Segunda). Na convocatoria adiantada é posible a
realización do estudo de casos para a obtención da puntuación
correspondente por este concepto.





- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, deberá comunicar esta circunstancia ao profesor ao comezo do curso. Aplicarase o mesmo sistema de avaliación
(coa particularidade de que o traballo tutelado poderalo facer a título
individual). No caso deste alumnado, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes
probas acordarase ao inicio de curso un calendario específico de datas
compatible coa súa dedicación.





- As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra
práctica ou exercicio proposto polo profesor estarán colgadas na plataforma Moodle.



- Calquera información, aviso. etc. notificarase aos alumnos por email.





- A cualificación de Non presentado esixe que o alumno non teña participado en
actividades de avaliación que superen o 20% da cualificación final, con
independencia da cualificación obtida.



 



- Os alumnos deberán acreditar a súa identidade dacordo coa normativa vixente.





- Calquera alumno/a sorprendido realizando probas de avaliación mediante
calquera procedemento fraudulento terá unha nota de cero na oportunidade correspondente.



 



- É responsabilidade dos alumnos
consultar a dirección de email que a UDC lles asigne.



 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes