Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Matemáticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A21 A23 B2 B3 B7 B10 Realizaranse un máximo de catro probas de resposta múltiple, que poderán ser substituídas por probas escritas de considerarse máis axeitado. 40
Traballos tutelados A1 A13 A21 A23 B1 B3 B4 B5 Os docentes poderán solicitar do alumno a defensa dos traballos presentados. A defensa non satisfactoria ou a non presentación á defensa poderá supor unha puntuación nula dos traballos. 20
Proba mixta A1 A3 B1 B2 B5 B7 C1 C3 C5 C7 Proba de resolución de exercicios e problemas. Poderá ter tamén preguntas teóricas. O estudante deberá amosar ademais dos coñecementos dos resultados obtidos, a capacidade de razonamento e de expresión en linguaxe matemática. 40
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non presentado: Otorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos
exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación
co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o
esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o
almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser
denegada a entrada á sala
de exames con este tipo
de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso
de calculadoras durante la realización das probas presenciais.

Convocatoria adiantada de decembro: Realizarase un exame que valerá dez puntos.

Para a segunda oportunidade: Manterase a parte de
avaliación continua (traballos tutelados e proba de resposta múltiple)
 aínda que pasará a pesar un 50% da nota da oportunidade. Dentro da cualificación
da avaliación continua as probas de resposta múltiple manterán o dobre do peso
que os traballos tutelados. Farase unha proba mixta presencial de características
análogas ás da primeira oportunidade que suporá o outro 50% da cualificación da
oportunidade.

Os alumnos que teñan recoñecida a dedicación a tempo parcial, seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo.

Plataforma virtual: Para
seguir a materia e obter
todos os materiais básicos
dela, usarase o campus
virtual da UDC (moodle). Así mesmo, se o profesorado o considera apropiado, poderá
usarse a  plataforma do departamento Moebius http://moebius.udc.es. Neste caso facilitaráselle a cada
estudante  un nome de usuario e un contrasinal persoal, xunto coa información
precisa para acceder a esta plataforma virtual.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes