Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A11 A13 A14 A15 A18 A20 A21 A24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Proba final que mide a calidade xeral da aprendizaxe e das aptitudes desenvolvidas polo alumno, o grao de maduración dos coñecementos e a capacidade para aplicalos á realidade. Pode incluir unha combinación de cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, de razonamento e interpretación. 50
Proba mixta A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Tres probas escritas non liberatorias que avalían o progreso do alumno ó longo do curso. Poden incluir unha combinación de cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, de razonamento e interpretación. A primeira pondera un 20% na cualificación global e a segunda e terceira un 15% cada unha. 50
 
Observacións avaliación

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os criterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira,

  • Primeira e segunda oportunidade: avalíanse calculando a media dos resultados da avaliación continua e da proba final, coas ponderacións indicadas nesta guía. En ningún caso a proba final comprenderá o 100% da nota final, isto é, non existe a posibilidade de "renunciar" á avaliación continua.
  • Oportunidade adiantada: avalíase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía do curso inmediatamente anterior

Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas a tal efecto; en caso contrario computaranse como cero no cálculo da cualificación global. Non se aplican excepcións diferentes das previstas expresamente na normativa académica. As datas das probas parciais serán fixadas polo equipo docente da materia, atendendo o cuatrimestre no que se imparte a materia en cada titulación, e comunicadas con antelación suficiente. De ser considerar necesario por razóns de organización e/ou equidade, as probas parciais poderían programarse nunha franxa horaria común para tódolos grupos.

A opción por un idioma concreto para a realización das probas de avaliación deberá realizarse de maneira fehaciente e sempre dentro da primeira primera semana lectiva
do cuadrimestre.

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa
académica de exención de asistencia serán avaliados calculando a media
dos resultados das tres probas de avaliación continua e a proba final,
coas ponderacións sinaladas nesta guía. Cando poidan acreditar razóns obxectivas que lles impidan realizalas co seu grupo, estes alumnos poderán solicitar ou propoñer, na primeira semana lectiva do cuatrimestre, unha programación diferente para as probas parciais. Esta proposta deberá respeta-lo ritmo de traballo do grupo e a equidade cos restantes alumnos.

De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación global do curso, con independencia da cualificación acadada.

De se considerar necesario, poderá publicarse un
documento de “normas de exame” con aclaracións adicionais de cara á realización das probas. En calquera caso, non se permitirá o emprego de material de apoio en ningunha proba, tanto de avaliación continua como final e/ou conxunto.

Durante as aulas, salvo
autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores, smartwatches, e
calquera outro aparello electrónico  agás as calculadoras permanecerán en todo momento fóra da vista; durante
os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas ou o
uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos exames,
e neste último caso terán a interpretación de fraude. A gravación das aulas e/ou as titiorías non está permitida, e pode ser constitutiva de infracción prevista no Código Penal.

A comisión de fraude poderá
implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto
polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas
que se poidan derivar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes