Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Na primeira oportunidade, a avaliación obtense a partir dun conxunto de tarefas de avaliación continua de carácter mixto e contido teórico-práctico, a realizar como parte da actividade ordinaria do grupo. Descartarase a actividade con peor cualificación e o resto promediarase aplicando as ponderacións correspondentes.
Os alumnos con dispensa de asistencia proporán durante a primeira semana lectiva do cuadrimestre un programa persoalizado para as súas tarefas, que debe respecta-lo ritmo de traballo do grupo e garanti-la igualdade; de non o facer, acomodaranse ó programa xeral do grupo.
100
 
Observacións avaliación

Dacordo coas indicacións recibidas da Reitoría e da Facultade, a avaliación será continua e presencial; se as circunstancias non o permitir, adoptarase un modelo non presencial sobre as plataformas institucionais da UDC, mantendo na medida do posible a metodoloxía e as probas de avaliación que no seu caso se realizasen ate o momento.

Dispoñibilidade de recursos técnicos: se a situación sanitaria o aconsella, o equipo docente pode acordar que o traballo ordinario e as probas de avaliación se desenvolvan en soporte electrónico, incluíndo aquelas que se poidan realizar na aula. Os alumnos son responsables de dispor, dende o inicio de cuadrimestre, dos medios necesarios para acceder a recursos electrónicos e no seu caso realizar unha avaliación en formato electrónico. Se carecen celes, poden consultar á UDC a posibilidade de que lles sexan facilitados, nos termos do documento de “Orientacións para a programación da actividade docente: curso 2020-2021 ”

Cualificación de non presentado: corresponde ós alumnos que participen unicamente de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% na cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán facelo na segunda se obteñen alomenos cinco puntos sumando o resultado dun exame final, valorado cun máximo de catro puntos, e a maior das seguintes: a cualificación da avaliación continua obtida ó longo do cuadrimestre, e a dun exame de recuperación valorado sobre un máximo de catro puntos. Por tanto, no caso da recuperación da avaliación continua, é posible acadar unha cualificación máxima de 8 puntos.

Oportunidade adiantada: avaliarase a partir dun exame sobre 10 puntos.

Uso de dispositivos: durante as sesións presenciais non está permitido emprega-los móbiles, ordenadores, etc. a menos que estea xustificado pola actividade académica e, en calquera caso, exista autorización previa por parte dos profesores. Durante as probas de avaliación estes dispositivos deberán estar apagados e fóra da vista, a menos que o seu uso se autorizase. O incumprimento destas normas interpretarase como fraude, coas consecuencias académicas que se deriven.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes