Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A cualificación global calcularase sumando o resultado de dúas probas mixtas, valoradas cada unha delas cun máximo de 5 puntos. Estas probas mixtas poden conter cuestións teóricas e/ou prácticas, formuladas en calquera formato ou combinación de formatos: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc.
Primeira oportunidade: a primeira proba realizarase cara á metade do cuadrimestre, nunha data que se comunicará con antelación, e incluirá a parte da materia que se determine. A segunda proba terá lugar na data que a Facultade designe para o exame final, e referirase exclusivamente á parte da materia non avaliada na primeira proba.
Segunda oportunidade: avaliarase nas mesmas condicións que a primeira. Salvo indicación en contrario, nesta segunda oportunidade ámbalas probas realizaranse de forma consecutiva na data que a Facultade acorde para o exame final.
Tódalas probas puntuables deberán realizarse na data prevista, coas únicas excepcións que sexan aplicables conforme a normativa académica; en caso contrario computaranse como cero.
Os estudantes exentos de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación.
A oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias definidos na guía do curso inmediatamente anterior.
100
 
Observacións avaliación

Formato das probas: salvo que as circunstancias o fagan necesario e/ou se reciban instrucións específicas ao respecto, as probas de avaliación realizaranse de xeito presencial e nas datas establecidas, coas únicas excepcións previstas na normativa académica.

No caso de ser necesario utilizar un formato telemático, aplicaranse as seguintes regras: deberán accederse, realizarse e entregarse nos termos e condicións sinalados en cada caso. Enténdese realizadas se os rexistros da plataforma indican que se accedeu a elas, independentemente de que se rexistren ou non as respostas, e se confirme ou non a entrega. Se omiti-la confirmación, a actividade entenderase entregada en branco e cualificarase cun cero. O incumprimento das bases da proba suporá a expulsión da mesma, a cualificación cero na mesma e, se é o caso, a incoación de expediente por fraude segundo a normativa académica. Isto aplícase, en particular, ao acceso tardío ás probas telemáticas. O alumnado é responsable de dispor dos medios necesarios para acceder aos recursos electrónicos e, no seu caso, realizar unha avaliación neste formato.

Cualificación de non presentado: corresponde a quen participe unicamente en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación acadada.

Idiomas: a opción por unha lingua concreta para a realización das probas de avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira semana lectiva do cuadrimestre en que se imparta a materia, e atenderase na medida en que as posibilidades técnicas e organizativas o permitan.

Uso dos recursos TIC: os dispositivos e aplicacións que permitan a comunicación, almacenamento e/ou compartir datos deberán permanecer inactivos e fóra da vista, salvo autorización previa do profesorado. Enténdese activo calquera servizo dispoñible en segundo plano e/ou habilitado para recibir notificacións, mensaxes ou acceso a recursos compartidos de ou para terceiros; polo tanto, o alumnado é responsable de pechalos ou desactivalos cando o seu uso non estea xustificado nos termos anteriores. O incumprimento destas bases implicará a expulsión da proba, a cualificación de cero na mesma e, no seu caso, a incoación de expediente por fraude académico.

Identificación: o alumnado deberá acreditar fidedignamente a súa identidade de acordo coa normativa vixente, utilizando os medios axeitados a cada circunstancia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes