Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dirección Financeira I/650G01019
Dirección Financeira II/650G01025

Observacións

Cumprimento da normativa sanitaria

A participación nas actividades presenciais require inescusablemente o cumprimento estrito das indicacións das autoridades sanitarias, en particular o uso de mascariña protectora en todo momento. Atenderase ás adaptacións que poidan recibirse da Facultade canto os horarios de entrada e saída escalonados, e todas aquelas circunstancias que poidan afectar á organización da materia.

Adaptacións e circunstancias sobrevidas

Sempre en función das instrucións que se poidan recibir, a materia podería adaptarse a un formato semipresencial ou completamente deslocalizado, que poderían levar a unha substitución total ou parcial do traballo presencial por sesións telemáticas. Na medida do posible manteranse os contidos, metodoloxía e avaliación.

Dispoñibilidade de recursos informáticos

A organización docente está suxeita ás indicacións que se poidan recibir como consecuencia da situación sanitaria, pero os alumnos deben dispoñer, desde o inicio do cuadrimestre, dos medios técnicos necesarios para acceder a recursos electrónicos e desenvolver unha avaliación telemática. O equipo docente resérvase a capacidade de acordar que, incluso se a docencia é presencial, a avaliación se desenvolva por medios electrónicos para minimiza-los risco potencial causado polo manexo de papel a través de varias persoas. É suficiente cun móbil de capacidade ordinaria, aínda que se recomenda un ordenador ou alomenos unha tablet; se carecen deles, poden consultar coa UDC a posibilidade de que lles sexan facilitados, nos termos do documento de “Orientacións para a programación da actividade docente: curso 2020-2021”.

Sobre a metodoloxía

A materia está deseñada en estrito cumprimento da distribución de tempos de traballo establecida no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito europeo transferible (ECTS) e nas liñas xerais da declaración de Boloña. Neste contexto, as responsabilidades académicas van máis aló de, simplemente, asistir ás aulas. O traballo non remata ó saír da aula (ou finalizar a sesión telemática), e non todo o traballo se fai aquí. O plano de estudos está deseñado para que exista una combinación de traballo presencial de 50 horas, e de 100 horas adicionais de traballo non presencial; estas últimas correspóndense co tempo que un alumno medio debe empregar para as súas tarefas persoais (lecturas, preparación de apuntes, e naturalmente tempo de estudo) e para prepara-las actividades que se van programando ó longo do cuadrimestre (busca de información, análise de documentos, traballos, prácticas baseadas nas TIC, etc.). As sesións presenciais (físicas ou telemáticas) dedicaranse prioritariamente a discuti-los aspectos teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas de carácter xeral, debatir e realizar actividades prácticase interactivas. A partir deste traballo común, prográmase o traballo individual que cada alumno debe desenvolver para a(s) seguinte(s) sesión(s), coa orientación e apoio dos seus profesores cando así o precise.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes